III Congreso Internacional de Jóvenes Investigadores en Estudios Teatrales

Description
El III Congreso Internacional de Jóvenes Investigadores en Estudios Teatrales (CIJIET) tendrá lugar los próximos 24, 25 y 26 de octubre en la Universidade de Santiago de Compostela. Ante el éxito cosechado durante la segunda edición del CIJIET en la

Please download to get full document.

View again

of 4
All materials on our website are shared by users. If you have any questions about copyright issues, please report us to resolve them. We are always happy to assist you.
Information
Category:

Civics

Publish on:

Views: 2 | Pages: 4

Extension: PDF | Download: 0

Share
Transcript
  III CIJIET    III C ONGRESO I NTERNACIONAL DE N OVOS I NVESTIGADORES EN E STUDOS T EATRAIS Petición de contribucións Santiago de Compostela, 24-26 outubro 2018 O III Congreso Internacional de Novos Investigadores en Estudos Teatrais (CIJIET) terá lugar os próximos 24, 25 e 26 de outubro na Universidade de Santiago de Compostela. Ante o éxito acadado durante a segunda edición do CIJIET na Universidad de Murcia, en 2018 propoñémonos abrir unha nova etapa, amparada nun contexto geográfico diferente, que permita seguir conectando manifestacións artísticas da periferia peninsular. Esta terceira edición plantéxase de novo como un espacio de intercambio de coñecementos e relacións humanas entre novos investigadores dedicados ao campo dos estudos teatrais. A nosa vontade é facer perdurar un espírito que combine o estudo crítico e a creación artística. Para iso, contaremos con comunicacións, sesións plenarias, paneis temáticos e actividades paralelas, como representacións teatrais e obradoiros; todo isto destinado a afondar en temas relevantes dentro deste ámbito de estudo. Vólvese poñer en marcha a tremoia dun evento que unicamente cabe completarse coa vosa presenza. Esperámosvos! O congreso acollerá comunicacións e paneis temáticos relacionados cos estudos teatrais en torno ás seguintes liñas: -   Textos dramáticos : estudos sobre poéticas dramáticas, dramaturxia, adaptacións, versións, traducións o calquera outro aspecto relacionado co texto teatral. -   Teatro e estudos culturais: estudos enmarcados na antropoloxía, socioloxía, pedagoxía, historiografía e recepción teatral, así como teatro queer  , teatro e feminismo ou teatro e  postcolonialismo, ou outros relacionados co teatro e o político. -   Representación e posta en escena: estudos sobre interpretación, evolución da posta en escena, novas metodoloxías escénicas e práctica como metodoloxía de investigación, así como aqueles relacionados co espazo teatral, música e outros elementos da posta en escena. - Teatro e performance : estudos relacionados coa ruptura das barreiras disciplinarias tradicionais, como as artes de acción, a ocupación de espazos públicos, o mini-teatro, o teatro ou a danza de rúa, as performances poéticas ou o teatro e os medios tecnolóxicos, etc. -   Teatro comparado : visións comparativistas que reúnan aspectos das liñas anteriores: a adaptación do texto dramático e a súa posta en escena, diferentes producións teatrais dun texto dramático ou dun autor, análises contextuais …      Envío de propostas: Comunicacións As comunicacións terán unha duración máxima de 20 minutos . Os interesados deben enviar a cijiet.usc@gmail.com o modelo de comunicacións, que atoparán en wordpress III CIJIET (https://jovenesestudiosteatrales.wordpress.com/), debidamente cumprimentado con todos os datos requeridos (nome e apelidos, filiación académica, correo electrónico e teléfono, título da comunicación, resumo de máximo 300 palabras, 4 palabras chave e breve currículum vitae de máximo 200 palabras). A data límite de recepción de propostas é o 13 de maio de 2018. Paneis Os paneis constarán de 3 a 4 participantes, incluíndo ao coordinador, quen seleccionará as comunicacións e fará chegar a proposta ao comité organizador. O propósito dos paneis será propiciar a reflexión en torno a aspectos do campo de relevante actualidade. O coordinador do panel determinará a estrutura (comunicacións ou mesa redonda), temática e participantes do mesmo. Os paneis dispoñerán de 60 minutos  para a realización do conxunto de conferencias e un debate posterior . O coordinador debe enviar á dirección cijiet.usc@gmail.com, o modelo de paneis  que atoparán en wordpress III CIJIET (https://jovenesestudiosteatrales.wordpress.com/), debidamente cumprimentado con todos os datos requeridos (título e resumo sobre a pertinencia do panel, nome dos participantes, filiación académica, correo electrónico e teléfono de todos os participantes, breve currículum vitae de todos os  participantes, título das comunicacións individuais e resumos). A data límite de recepción de propostas é o 13 de maio de 2018. Tanto os paneis como as comunicacións  poderán realizarse indistintamente en inglés, español ou galego. Considerarase como novo investigador a estudantes de máster e doutorado, investigadores independentes non afiliados a ningún tipo de institución, así como a aqueles doutores que defenderan a súa tese doutoral nos últimos cinco anos. A aceptación aos participantes comunicarase antes do 30 de xuño de 2018 . A actividade terá unha duración aproximada de 30 horas. Cuota de inscripción para relatores: 55 euros. Prezo de inscrición para oíntes: 20 euros (emitirase certificado de asistencia). Período de inscrición: do 1 de xullo ao 16 de setembro de 2018. Relatores plenarios: André Helbo (Universitè Libre Bruxelles), Anxo Abuín (Universidade de Santiago de Compostela), Isabelle Reck (Université de Strasbourg). Máis información en: https://jovenesestudiosteatrales.wordpress.com/ O III CIJIET enmárcase en AJIET , a Asociación de Novos Investigadores en Estudos Teatrais , fundada en outubro de 2017 na Universidad de Murcia (España), sede onde se xestara a iniciativa dun congreso anual dedicado a novas investigacións en Estudos Teatrais e onde se celebraron as súas dúas  primeiras edicións. Actualmente, AJIET atópase en proceso de constitución e celebrará a súa primeira asamblea ordinaria no marco do III CIJIET. AJIET nace co obxectivo de promover os Estudios Teatrais en España desde a investigación nova, construíndo desde o colectivo canles que destaquen e fomenten este campo de estudos. Por isto, comprométese á organización anual de CIJIET, segundo as características que  promoven os seus estatutos, así como ó apoio e fomento doutras accións académicas, do intercambio entre investigadores de diferentes universidades e do encontro entre o ámbito académico e a creación escénica, especialmente en relación coas investigacións novas.    COMITÉ CIENTÍFICO: Anxo Abuín (Universidade de Santiago de Compostela), Arturo Casas   (Universidade de Santiago de Compostela), Cristina Oñoro (Universidad Complutense de Madrid), Diana González (Aahurs University), Eduardo Pérez-Rasilla (Universidad Carlos III de Madrid), Emmanuelle Garnier (Universitè de Toulouse-Jean Jaurès), Fernando Cabo (Universidade de Santiago de Compostela), Isabelle Reck (Universitè de Strasbourg), Javier J. González Martínez (Universidad Internacional de La Rioja), Manuel Portela (Universidad de Coimbra), Mariángeles Rodríguez Alonso (Universidad de Murcia), Mercé Saumell (Institut del teatre de Barcelona), Óscar Cornago (CSIC). COMITÉ ORGANIZADOR: Alba Saura Clares (Universidad de Murcia), Belén Tortosa Pujante (Universidade de Santiago de Compostela), Constance Hurlé (Investigadora independiente), Cristina Tamames (Universidade de Santiago de Compostela), Isabel Guerrero (Universidad Isabel I / UNIR), Julia  Nawrot (Universidad de Granada), Julio Vilariño (Universidade de Santiago de Compostela), Lara Rozados (Universidade de Santiago de Compostela), María Alonso Espansandín (Universidade de Santiago de Compostela), Paz Ferreiro (Universidade de Santiago de Compostela). DIRECCIÓN : Belén Tortosa y Cristina Tamames COLABORAN:
Related Search
Similar documents
View more...
We Need Your Support
Thank you for visiting our website and your interest in our free products and services. We are nonprofit website to share and download documents. To the running of this website, we need your help to support us.

Thanks to everyone for your continued support.

No, Thanks