Cadros de relixión

Description
1. “A morte de Adonis” Peter Paul Rubens (óleo sobre lenzo) O autor foi Peter Paul Rubens que naceu o 28 de xuño de 1577 en Alemaña. Caracterizábase polas súas…

Please download to get full document.

View again

of 18
All materials on our website are shared by users. If you have any questions about copyright issues, please report us to resolve them. We are always happy to assist you.
Information
Category:

Slides

Publish on:

Views: 2 | Pages: 18

Extension: PDF | Download: 0

Share
Transcript
  • 1. “A morte de Adonis” Peter Paul Rubens (óleo sobre lenzo) O autor foi Peter Paul Rubens que naceu o 28 de xuño de 1577 en Alemaña. Caracterizábase polas súas pinturas barrocas, o movemiento, a cor e a sensualidade. Estudou na escola flamenca. As súas principais influencias procedían da arte antiga, a arte romana e a pintura renacentista. Faleceu o 30 de maio de 1640. O MITO E A ESCENA: Segundo a mitoloxía, Ares, deus da guerra e amante de Afrodita, estaba celoso de que estivera namorada de Adonis, así que fixo que este se apaixonara pola caza. Afrodita ía con el ás cacerías para previlo dos animais perigosos, pero un día, mentres Afrodita descansaba á sombra dunha árbore, Adonis foi abatido por un xabaril enviado por Artemisa en represalia pola implicación de Afrodita na morte de Hipólito. Cando foi a socorrelo, as lágrimas de Afrodita caían converténdose en rosas, ao tempo que se tinguían de vermello polo sangue das feridas que lles producían as espiñas das roseiras. Cando chegou a Adonis, de cada pinga de sangue do xove xunto as lágrimas da deusa convertidas en rosas, nacía unha nova flor, a anémona. Na escena vese a Adonis ensanguentado, rodeado por Venus (equivalente romana da deosa grega Afrodita), Cupido (equivalente do Eros grego) e as Tres Gracias (equivalentes romanas de las Cárites). Cada figura adopta una postura distinta, o que lle dá gran dinamismo.
  • 2. “Baco e Ariadna” Tiziano. Óleo sobre lenzo. 176 x 191 cm. National Gallery, Londres. Tiziano Vecellio (1485-1576) foi un pintor italiano do Renacemento e un dos maiores exponentes da Escola veneciana. Non 1516 o pintor Tiziano entablou unha estreita relación con Alfonso I d´Este, duque de Ferrara, quen lle encargou unha serie de pinturas para a súa Cámara de Alabastro, no palacion ducal de Ferrara (Italia),entre elas este cadro. O MITO E A ESCENA Despois de que Teseo abandonase a Ariadna na illa de Naxos cando fuxían os dous de Creta cara Atenas, Ariadna rompe a chorar, sendo escoitada por Baco, quen se apiadou da xove. Namorouse dela a primeira vista, foi un frechazo en toda regra. Baco tómaa por esposa e ao ela morrer foi convertida en constelación, a Corona Borealis. No cadro, Baco deus do viño, salta do seu carro, conducido por dous guepardos, para dirixirse cara ela, que se mostra atemorizada por velo así, tan de repente. cando ve chorar a Ariadna. Se vos fixades, enriba de Ariadna, no ceo, unha coroa de estrelas simboliza a constelación na que será convertida trala morte. Acompaña a Baco Laocoonte, co seu corpo rodeado de serpes. Tiziano consegue coas cores e co uso da luz crear unha acertada sensación de movemento e de alegría que fai partícipe o espectador.
  • 3. “A fábula de Aracne os as fiandeiras”, Velázquez. Óleo sobre lenzo. 220 x 289 cm. Museo do Prado, Madrid. Diego de Velázquez (1599-1660) é o principal pintor español; en relación co “A fábula de Aracne”, o motivo de que o fixera segue a ser un enigma, aínda que non así a conclusión de que se trata dunha das obras mestras do barroco español. O MITO E A ESCENA: No cadro vese un grupo de cinco mulleres traballan como fiandeiras nun obradoiro e outro grupo posterior no que tres damas contemplan un tapiz. Nese tapiz represéntase unha escena do mito de Aracne: a xove Aracne reta a deusa Europa a tecer o máis fermoso tapiz. Así, a xove da dereita (de costas) é Aracne tecendo o tapiz mentres que a anciá da esquerda é Atenea disfrazada. O tapiz rematado provoca a ira da deusa que o contempla ao lado doutras mulleres antes de converter en araña a xove tecedora. O cadro combina o traballo silencioso das fiandeiras coa conversa das damas do fondo, que o autor separa mediante un logrado efecto teatral, que proxecta varios planos diferentes. Velázquez incluíu un personaxe que mira cara ao espectador e que parece sorprendido ante a intromisión do artista e incluso do espectador.
  • 4. “La muerte de Eurídice”, de Niccolo Dell´Abbate. Óleo sobre lenzo. 189 x 237 cm. National Gallery, Londres. Niccolo Dell´Abbate naceu en Módena e foi un destacado autor de frescos de tema mitolóxico cuxos últimos anos transcorreron entre os muros do palacio francés de Fontainebleau. O MITO E A ESCENA: no cadro a paisaxe é importante e case un protagonista, tanto que case empequenece as figuras e consegue crear un contorno no que o que importa é a narración. E o que se evoca no cadro é a morte de Eurídice: a ninfa tracia, namorada de Orfeo, morre porque a morde unha víbora, o que obriga ao seu amado Orfeo a ir ao Hades (Inferno) a recuperala; tras librarse de Caronte e de Cerbeiro consegue ver a Hades e pedirlle que libere a Eurídice, ao que accede con condición de que non a debe mirar ata que non teñan saído do Inferno. Orfeo atravesa o Hades pero ao final vírase para vela e, ¡oh, fatalidade!, a súa amada é de novo convertida en sombra e el botado do inferno. No fondo parécese ao mito de Adán e Eva: nos dous casos o home incumpre o mandato e un deus o castiga por iso. Nunha paisaxe con néboa o artista evoca a morte de Eurídice e a ruptura obrigada do seu amor por Orfeo.
  • 5. “Caronte atravesando la Laguna Estigia” ,de Joachim Patinir. Óleo sobre táboa. 164 x 103 cm. Museo do Prado, Madrid. Joachim Patinir (Dinant,1480- Anveres,1524) foi un pintor flamenco de paisaxes e temas relixiosos.É o precursor do paisaxismo como xénero independiente. O MITO E A ESCENA: os gregos pensaban que na viaxe aos infernos había que cruzar o río Estixia. Caronte transportaba as almas na súa barca a cambio de moedas de cobre que o parentes dos falecidos colocaban baixo a lingua ou sobre os ollos do morto. O cadro representa a Caronte o barqueiro que era o encargado de guiar as sombras dos defuntos ao outro lado do río Aqueronte (Estixia), razón pola que os gregos debían morrer cunha moeda baixo a lingua, como xa se indicou; en caso contrario vagarían cen anos polas ribeiras do río. Na pintura Patinir reproduciu elementos mitolóxicos gregos pero tamén cristiáns porque á dereita hai elementos relacionados co inferno e ao cancerbeiro (can) que garda as portas do Averno. Á esquerda do cadro está o paraíso e os anxos gardando a chegada do defunto.
  • 6. “Venus e Adonis”, O Veronés. Óleo sobre lenzo. 162 x 91 cm. Museo do Prado, Madrid. O Veronés, Paolo Caliari O Veronés, (1528-1588), foi un dos pintores venecianos que mellor soubo reflectir nas súas obras o luxo e a magnificiencia da Venecia do século XV. O MITO E A ESCENA. Nesta escena Adonis aparece profundamente dormido, vestido con ricas roupas da moda veneciana do século XV. Venus está onda el, acariñándoo e abanicándoo, mentres Cupido abraza un dos seus cans de caza. Venus é iluminada polos raios de sol que atravesas as árbores e crean unha luz que destaca a súa pel pálida, en contraste coa cor da roupa de Adonis. Venus está tamén atenta ao que fai Cupido, que parece reter o can para que non esperte o deus e evitar que saia de cacería; posiblemente sexa o instante anterior á morte de Adonis. Adonis era un deus moi belo, tanto que dúas deusas se namoraron del (Venus e Proserpina), que o repartían durante o ano. Venus acompañábao nas súas cacerías ata que nunha delas un xabaril o matou. O que mostra no cadro o Veronés e a felicidade da parella xusto antes da morte de Adonis, querendo representar así a psicoloxía do amor, materializada no rostro de Venus, que parece coñecer o tráxico final do seu amado.
  • 7. "O xuízo de Paris", Claudio de Lorena; óleo sobre lenzo, tamaño original 112x 150, consérvase na National Gallery, Washington. Claude Gellée (1600-1682), máis coñecido en español como Claudio de Lorena en francés Claude Lorrain aínda que no seu país é máis coñecido Le Lorrain, foi un gran pintor de paisaxes. El obsevaba directamente a natureza e na comprensión dos elementos naturais que podía recordar. Acostumaba a levantarse cedo e quedaba no campo ata primeiras horas da noite. Antes de empezar un cadro facía entre oito e dez borradores, para calcular mellor as proporcións. O MITO E A ESCENA. As tres fillas de Zeus e da ninfa Euriname casadas co deus Hefesto eran as tres deusas do amor e de beleza e da alegría. A cada unha atribuíaselle unha desas propiedades. Las Gracias así chamadas as tres irmás acudían a todas ás festas. Las Gracias tamén levaban a alegría aos deuses e estaban relacionadas cas musas. Veuse que axudaban aos sátiros máis pervesos e quedaban como novos. Dise que grazas a ellas melloraron e creouse o refrán non hai que xuzgar a alguén pola súa portada. Cando no Olimpo xurdiu unha disputa entre Hera ,Atenea e Afrodita acerca de cal das tres era a máis fermosa, Zeus non quixo decidir, non se atreveu, e deixoulle a decisión a Paris. Paris estaba descansando no campo e ali lle chegaron as tres; cada moza ofreceulle ao xuíz Paris unha recompensa distinta: Hera, a coroa do mundo; Atenea, tanta sabedoría como Deus e Afrodita, entregarlle a muller máis bela de todas. Paris decidiu escoller a Afrodita, que gañou a desputa, pero co que non contaban é que isto provocaría a guerra de Troia e coa promesa de Hera e Atenea de vinganza eterna. No cadro, á esquerda, está Paris recostado diante das tres deusas. Afrodita está espida onda Cupido e escoita os argumentos de Hera. Entre as dúas hai un pavo real. Máis afastada está Atenea e ao fondo árbores frondosas e un manancial e nubes enriba del.
  • 8. "O rapto de Europa", Claudio de Lorena; óleo sobre lenzo, tamaño original 112x 150, consérvase no Museo Pushkin, Moscú. Claude Gellée (1600-1682), máis coñecido en español como Claudio de Lorena en francés Claude Lorrain aínda que no seu país é máis coñecido Le Lorrain, foi un gran pintor de paisaxes. El obsevaba directamente a natureza e na comprensión dos elementos naturais que podía recordar. Acostumaba a levantarse cedo e quedaba no campo ata primeiras horas da noite. Antes de empezar un cadro facía entre oito e dez borradores, para calcular mellor as proporcións. Claudio de Lorena, como queda dito, foi un gran pintor de paisaxes que afrontou nesta ocasión un tema mitolóxico; segundo a mitoloxía, Zeus estaba namorado de Europa, muller fenicia de Tiro, e quixo seducila, parao que se transformou en touro manso. Cando Europa collía flores viu o animal e subiuse ao lombo, circunstancia que aproveitou Zeus para correr cara o mar e levar a fenicia até a illa de Creta, onde a converteu en raíña e concibiu con ela tres fillos: Minos, Radamantis e Sarpedón. Finalmente, creou a constelación de estrelas chamada Tauro en honor á forma do touro que raptou a Europa. A paisaxe escollida é a beira do mar; alí pacen animais nun ambiente de calma e quietude só interrompido pola ondaxe ou polo vento entre as follas das árbores situados á esquerda e dereita.
  • 9. “O nacemento de Venus”, Sandro Botticelli. Temple sobre lenzo. 172 x 278 cm. Galería dos Uffizi, Florencia. Alessandro di Mariano di Vanni Filipepi, máis coñecido comoSandro Botticelli ( Florencia, 1 de marzo de 1445 – Florencia, 17 de maio de 1520 ) foi un pintor do Catroccento italiano; foi un pintor revolucionario na súa época. Por exemplo, con esta obra, "O nacemento de Venus" o autor quixo transmitir o misterio da chegada ao mundo da mensaxe divino da beleza. O MITO E O CADRO. No cadro de Botticelli a figura de Venus resulta ser unha estatua clásica. A súa carne é branca, marmórea e a súa silueta dá a sensación de que un ser tenro e delicado nace…pero non se trata do seu nacemento, senón da súa chegada á illa de Citera, como o describiu Homero nun himno á deusa. Á esquerda voa o Céfiro, o vento do Oeste, abrazado á ninfa Cloris, que sopra para empurrar a cuncha de Venus cara á beira. Alí agárdaa unha ninfa, cun cinguideiro de rosas, que simboliza a primavera, unha das estacións, que cobre a nudez da deusa; a grilanda de mirto simboliza a eternidade do amor.
  • Related Search
    We Need Your Support
    Thank you for visiting our website and your interest in our free products and services. We are nonprofit website to share and download documents. To the running of this website, we need your help to support us.

    Thanks to everyone for your continued support.

    No, Thanks